Restauración para empresas · desde Galicia
Saber
comer ben.
Cociñamos para que comer no traballo sexa un bo momento do día.
- Comedores de empresa
- Catering
- Propostas para levar
Comer fóra da casa
non é comer mal.
Come ben.Bo para ti.Bo para todos.
Queremos afastarnos da percepción do comedor de empresa como un espazo puramente funcional e converter a comida nunha parte coidada e agradable do día a día.
Nacemos en Galicia, cun forte vínculo co territorio, o produto local e a cociña de orixe. Desde aquí levamos esa maneira de facer alí onde haxa un equipo que alimentar: unha cociña de calidade, equilibrada e coidada no contorno de traballo. Un proxecto con vocación de permanencia.
Descrición do vídeo
Presentación visual da identidade de Vituallas: as ondas, o símbolo e o logotipo dan paso a aplicacións da marca en menús, pezas gráficas, téxtiles e envases.
Como o facemos
Comer ben por ti
e polo ben de todos.
Catro maneiras de entender o que poñemos na mesa cada día.
-
Comer ben é coidarse.
Comer é nutrirse. Alimentarse é coidar corpo e alma: se vemos a comida como un coidado, deixamos de vela como un requisito.
-
Comer ben é coidarnos.
Comer ben significa que coidamos de nós e dos demais, por cultura e polo seu efecto social e colectivo.
-
Comer ben é comer o que toca.
De tempada, de proximidade, en cantidade suficiente e evitando o desperdicio. Non é só un beneficio individual: é colectivo.
-
Comer ben é nós.
A comida é cultura. En Galicia, na costa atlántica, non é só unha necesidade: é un lugar de encontro, unha cultura que se comparte, se cultiva e se respecta. E que viaxa connosco.
A nosa cociña
Raíces galegas.
Unha cociña aberta.
Produto próximo, receitas que recoñeces e sabores que te sorprenden. Unha cociña variada e coidada, con espazo para gozar da pausa e da mesa.
Servizos
Para cada forma
de comer no traballo.
Adaptamos a proposta ao espazo, ao horario e ao equipo de cada empresa, estea onde estea.
-
Comedores de empresa
Xestión integral do comedor: cociña no propio centro ou nas nosas instalacións, menú diario de tempada e atención en sala.
-
Catering
Almorzos, comidas de traballo e celebracións de empresa, co mesmo produto e o mesmo coidado que no comedor.
-
Propostas para levar
Menús preparados para comer na oficina, en ruta ou ao aire libre, en envases pensados para viaxar ben.
O noso compromiso
Galicia non é unha orixe,
é unha maneira de facer.
Galicia é o punto de partida, non o límite. O que aprendemos aquí sobre o produto, as persoas e a mesa viaxa connosco a calquera comedor. Catro palabras resúmeno.
A marca
Vituallas
no día a día.
Unha identidade pensada para vivir na cociña, na sala e na rúa: sinxela, recoñecible e cunha historia detrás.
Cóntanos que necesita a túa empresa.
Fagamos sitio
á boa comida.
Cóntanos como se come hoxe na túa empresa e propoñémosche unha forma de facelo mellor.
EscríbenosÁbrese o teu correo cunha mensaxe preparada. Se non se abre, copia o enderezo.