# Vituallas

> Restauración para empresas · desde Galicia. Saber comer ben.

Cociñamos para que comer no traballo sexa un bo momento do día.

## Comer fóra da casa non é comer mal.

Queremos afastarnos da percepción do comedor de empresa como un espazo puramente funcional e converter a comida nunha parte coidada e agradable do día a día.

Nacemos en Galicia, cun forte vínculo co territorio, o produto local e a cociña de orixe. Desde aquí levamos esa maneira de facer alí onde haxa un equipo que alimentar: unha cociña de calidade, equilibrada e coidada no contorno de traballo. Un proxecto con vocación de permanencia.

## Comer ben por ti e polo ben de todos.

- **Comer ben é coidarse.** Comer é nutrirse. Alimentarse é coidar corpo e alma: se vemos a comida como un coidado, deixamos de vela como un requisito.
- **Comer ben é coidarnos.** Comer ben significa que coidamos de nós e dos demais, por cultura e polo seu efecto social e colectivo.
- **Comer ben é comer o que toca.** De tempada, de proximidade, en cantidade suficiente e evitando o desperdicio. Non é só un beneficio individual: é colectivo.
- **Comer ben é nós.** A comida é cultura. En Galicia, na costa atlántica, non é só unha necesidade: é un lugar de encontro, unha cultura que se comparte, se cultiva e se respecta. E que viaxa connosco.

## Raíces galegas. Unha cociña aberta.

Produto próximo, receitas que recoñeces e sabores que te sorprenden. Unha cociña variada e coidada, con espazo para gozar da pausa e da mesa.

O coidado está no cotián. O gusto de sentar á mesa.

## Menú do día (exemplo)

Cada día, un menú de tempada, de proximidade e en cantidade suficiente. Este é un exemplo do que se pode atopar no comedor.

### Para comezar

- Crema de cabaza asada, con sementes torradas ao AOVE
- Ensalada de figos e noces, con vinagreta

### Prato principal

- Arroz meloso de cogomelos, con queixo de Arzúa
- Bacallau, con coliflor
- Solomillo de vaca galega, con patacas de Coristanco

### Para rematar

- Iogur con granola, e amorodos

## Propostas

- **Comedores de empresa.** Xestión integral do comedor: cociña no propio centro ou nas nosas instalacións, menú diario de tempada e atención en sala.
- **Catering.** Almorzos, comidas de traballo e celebracións de empresa, co mesmo produto e o mesmo coidado que no comedor.
- **Propostas para levar.** Menús preparados para comer na oficina, en ruta ou ao aire libre, en envases pensados para viaxar ben.

## Galicia non é unha orixe, é unha maneira de facer.

Galicia é o punto de partida, non o límite. O que aprendemos aquí sobre o produto, as persoas e a mesa viaxa connosco a calquera comedor. Catro palabras resúmeno.

Orixe · Calidade · Innovación · Coidado

## Fagamos sitio á boa comida.

Cóntanos que necesita a túa empresa.

- Correo: hola@vituallas.com
- Teléfono: 981 11 94 34
- Titular: Vituallas Atlánticas, S. L.
- NIF: B26809061
- Enderezo: Avenida de Linares Rivas 30, planta 11, 15005 A Coruña, Galicia, España.

## Presentación da marca

Presentación visual da identidade de Vituallas: as ondas, o símbolo e o logotipo dan paso a aplicacións da marca en menús, pezas gráficas, téxtiles e envases.

[Vídeo completo, 30 segundos](https://vituallas.com/media/vituallas-presentacion.mp4)

[Web oficial](https://vituallas.com/gl/)
